publicidade hoxe

O Centro Social de Cabo de Cruz acollerá a exposición “A Talla en Madeira e o seu Proceso”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+

Este venres inaugúrase no Centro Social de Cabo de Cruz a exposición “A Talla en Madeira e o seu Proceso”. Esta mostra está composta por  relevos, esculturas, mobles auxiliares e obxectos tallados por Roberto Figueira Martínez. Recrease tamén un taller de talla e ebanistería tradicional onde se poden ver os procesos de fabricación dos distintos tipos de tallas. Esta exposición pretende dar pé á realización dunha serie de cursos de talla en madeira.

A inauguración terá lugar o venres 6 de novembro ás 20:00h. na sala do Centro social e a mostra permanecerá aberta ao público ata finais de novembro.

3 de novembro de 2015 | 11:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.