publicidade hoxe

O BNG de Ares pide unha Xunta de Voceiros para que o alcalde informe da detención dun policía local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAresLocal Portada
A-
A+
Europa Press

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ares (A Coruña) instou ao alcalde deste Concello, Julio Iglesias (PSOE), a que convoque con carácter de “urxencia” unha Xunta de Voceiros na que se lles ofreza a información da que dispón a Alcaldía con respecto á detención dun axente da Policía Local por publicar supostamente en Internet “fotos de compañeiras en roupa interior tomadas en vestiarios municipais”.

A solicitude, que foi presentada este venres no rexistro municipal, rubricada polo voceiro da formación nacionalista, Emilio Mesías, insta o rexedor a que ante esta situación a les “informe dos pormenores e, no seu caso, a delimitación de responsabilidades á que houbese lugar”.

Mesías tamén trasladou nesta petición que o pasado luns, día 9, solicitou “unha conversación co alcalde, debido a que escoitara esta información de xeito oficioso e que se estaba a falar na localidade, co fin de que convocase unha Xunta de Voceiros de urxencia para trasladarnos a información da que dispón a Alcaldía”.

Por parte do BNG, aseguraron que o rexedor socialista se negou a ofrecer calquera tipo de resposta e que se limitou a trasladalos que non sabe “nada” e que non ten “porqué informar”.

SEN AXENTES

O Grupo Municipal do BNG tamén mostrou a súa preocupación por que na actualidade dos tres axentes cos que conta este municipio costeiro, “dous deles están de baixa, quedando un só axente” en activo”.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, preguntado por este asunto declinou realizar calquera tipo de declaración e trasladou que o caso atopa “baixo coñecemento xudicial”.

13 de novembro de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.