publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Morre un septuaxenario en Moaña tras ser rescatado da auga

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMoañaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de 70 anos faleceu este xoves tras ser rescatado da auga despois de ser localizando cando flotaba na ría á altura de Moaña (Pontevedra). Segundo informou o 112 Galicia, o home foi localizado flotando na auga ao final da ría no lugar de O Con, en Moaña, sobre as 11,45 horas.

O individuo foi atopado por uns particulares flotando e boca abaixo no interior dunha barca e lograron rescatalo con vida, segundo indicaron as mesmas fontes.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia asistencial e outra medicalizada, así como un médico de Atención Primaria. O persoal sanitario procedeu a realizar as manobras de reanimación cardiopulmonar ao home, S.C.M., de 70 anos, que faleceu a pesar dos esforzos.

O CAE 112 Galicia informou ás forzas da orde do sucedido para esclarecer os feitos.

12 de novembro de 2015 | 14:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.