publicidade hoxe

Modernízanse os equipos da aula CEMIT do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A aula CEMIT do Concello do Carballiño, ubicada no segundo andar da casa consistorial, está renovando neste días os seus equipos grazas ao convenio asinado coa Xunta de Galicia e  co se puido abrir este centro dende o pasado ano 2011.

A renovación consitiu na substitución das antigas unidades CPU, para instalar unhas que ofrecen maiores prestacións. En total colocáronse 15 destas unidades, que nesta mesma semana xa estarán a disposición dos usuarios desta aula municipal.

Na actualidade a aula CEMIT do Carballiño ofrece varias actividades formativas, repartidas durante todo o ano, nesta semana remata a última das convocadas, un curso de iniciación á informática que contou cunha ampla demanda por parte dos veciños e veciñas do Carballiño.

Pero ademais dos cursos a aula CEMIT está aberta para que tódolos veciños e veciñas do Carballiño poidan usar estes ordenadores, todos eles conectados á rede polo que se lles brinda a posibilidade de realizar todo tipo de consultas a través de internet, dun xeito seguro e rápido.

Deste xeito son moitos os cidadáns que acuden a esta aula para consultar as demandas de emprego das administracións ou as empresas privadas, e tamén os que aproveitan esta tecnoloxía para contactar cos seus familiares que están fóra de Galicia.

O horario de apertura desta aula CEMIT é de luns a venres de 8:00 a 13:30, estando tamén suxeto á celebración de cursos e actividades.

12 de novembro de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.