publicidade hoxe

Mobilízanse medios de extinción por un incendio nunha fábrica sen actividade no Porriño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PorriñoSucesos
A-
A+
Europa Press

Medios de extinción foron mobilizados este mércores para sufocar un incendio nunha fábrica sen actividade no termo municipal do Porriño (Pontevedra). Segundo informou o 112 Galicia, o lume iniciouse sobre as 7,00 horas nunha fábrica de madeira sen actividade en Eurís, na parroquia de San Salvador de Budiño.

O Centro de Atención ás Emerxencias informou os Bombeiros de Baixo Miño e Ponteareas, ademais de ser alertado o servizo provincial de incendios ante o temor de que o lume pasase ao monte, segundo sinalaron as mesmas fontes.

Axentes da Garda Civil e efectivos de Protección Civil do Porriño, de Ponteareas e de Mos tamén participan na extinción do lume que continúa activo.

4 de novembro de 2015 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.