publicidade hoxe

Máis de 60 maiores gozan do Magosto no Centro de Día de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+
Magosto en Lousame

Magosto en Lousame

Máis de sesenta maiores participaron na tarde/noite deste venres nun magosto gratuíto no Centro de Día de Lousame, no que tomaron parte non só os usuarios do centro e os seus familiares, senón tamén os alumnos e alumnas dos Obradoiros da Memoria. Unha festa que contou coa presenza da alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde, e da concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, que agradeceron a gran participación rexistrada neste magosto.

Os maiores comezaron a festa degustando un bo feixe de castañas, acompañadas por distintos refrescos. O salón de actos do centro de día quedou pequeno cando chegou a hora da actuación musical, que este ano correu a cargo da Banda de Música de Lousame.

17 de novembro de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.