publicidade hoxe

IX Mostra de Outono de Teatro de Laxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLaxe
A-
A+

Como todas as obras da mostra deste ano, este domingo no salón de actos municipal ás 19 horas, terá lugar a cuarta das representacións da IX Mostra de Outono de Teatro de Laxe, organizada polo Concello de Laxe e a Asociación de Teatro Folerpas de Laxe. O grupo de teatro METÁTESE TEATRO procedente de Palas de Rei achegaranos a obra: Brinquedos.

Cunha duración aproximada de 70 minutos e cun elenco de 9 actores e actrices, Metátese teatro, grupo de teatro afeccionado que nos ten acompañada nestes 9 anos de mostras de outono de teatro, achéganos unha obra da modalidade de teatro contemporáneo, resultado da creación colectiva e colaborativa.

A produción corresponde a: Óscar Varela Casal e Xosé Manuel Pérez Paredes

A obra en sí, Brinquedos, invita ao espectador a entrar no mundo da creatividade, do xogo, da cor, do sorriso, da ledicia… como elementos esenciais sobre os que se estructura a aprendizaxe dos personaxes que transitan polas historias deste espectáculo.

A través dun traballo interpretativo coral que combina linguaxe corporal, física e verbal, invita á reflexión intensa sobre unha temática variada que afecta á consideración da muller no mundo actual, aos valores transmitidos polos contos tradicionais con respecto a todo o feminino, o papel da muller na sociedade actual, nos contidos da publicidade, nas revistas e programas do corazón, nas relacións de parella…

Varias propostas escénicas ensambladas coma un delicado mecanismo de reloxería, mimadas ata o máis mínimo detalle para acadar que o espectador transite polos carreiros da emoción, da sorpresa e da fantasía. 

6 de novembro de 2015 | 18:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.