publicidade hoxe

Impártese en Gondomar un curso de escaparatismo e decoración no punto de venta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

A concellaría de formación, emprego e dinamización económica do concello de Gondomar organiza un curso de Escaparatismo e decoración no punto de venta (14 horas lectivas) nun horario compatible coa xornada laboral dos comerciantes locais. A concellaría pretende con esta acción formativa apoiar a modernización da imaxe dos comercios de Gondomar.

Este curso se desenvolverá no centro de desenvolvemento local de Gondomar de inicio e posteriormente se farán prácticas in situ nos escaparates dos comercios seleccionados, estas prácticas irán encamiñadas a mostrar directamente no punto de venta os coñecementos adquiridos no curso.

O curso será gratuito para o alumnado e disporá de 15 prazas, tendo preferencia os negocios que desenvolvan a súa actividade no municipio de Gondomar.

As personas interesadas deberán cubrir unha solicitude que terán á súa disposición no Centro de Desenvolvemento Local  ou na 1ª planta do concello e deberán presentala polo rexistro xeral do concello entre o 19  e o 23 de novembro, ambalas dúas datas incluidas.

20 de novembro de 2015 | 11:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.