publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Gran éxito das Xornadas Micolóxicas de Frades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+
Participantes na xornada

Participantes na xornada

Gran éxito da primeira edición das Xornadas Micolóxicas de Frades, nas que tomaron parte un total de 35 veciños e veciñas, o que supón duplicar o número de prazas inicialmente establecidas. Unhas xornadas nas que tamén participou o alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, quen confirmou que “ante a boa acollida por parte da veciñanza, temos pensado darlle continuidade a este tipo de iniciativas en próximos anos”.

O biólogo da USC Martín Souto foi o encargado de abrir estas I Xornadas Micolóxicas  cunha charla no multiúsos de Cimadevila para ensinarlles aos presentes as diferenzas entre cogomelos comestibles e tóxicos. Acto seguido, os participantes fixeron unha saída na contorna da capela de San Nicolau para localizar e apañar cogomelos.

Tras a busca, os veciños e veciñas de Frades participaron nun xantar-degustación no Restaurante A Coviña, no que puideron degustar varios pratos coas setas como ingrediente principal: arroz con setas, revolto de setas, setas ao ajillo, fabas con setas, tortilla de patacas con setas, etc. As Xornadas remataron no local social de Ponte Carreira, onde se expuxeron e catalogaron os cogomelos apañados durante a mañá. 

17 de novembro de 2015 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.