publicidade hoxe

Gondomar acolle unhas xornadas teórico-práctica sobre especies exóticas invasoras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

O vindeiro venres 20 de novembro celebramos unha xornada teórico-práctica sobre especies exóticas invasoras na aula 06 do CDL Gondomar (escolas vellas) organizada pola Concellería de Medio Ambiente, Mobilidade e Sanidade, dirixida por Jimena Varela. Os ponentes serán Ramsés Pérez, responsable de programadas de educación ambiental de ADEGA e Paco Bañobre, coordinador de grupos do Proxecto Ríos.

De 11:30 a 13:00 horas será a parte teórica, onde se fará unha exposición da problemática das especies exóticas invasoras, enumerando as máis perigosas nos ecosistemas fluviais. Comentaranse as actividades de eliminación con voluntariado ambiental que desenvolven ADEGA e Proxecto Ríos por toda Galicia.

De 14:00 a 16:00 realizarase un percorrido polo río Miñor, co obxectivo de identificar as invasoras e aprender prácticas de eliminación sobre diferentes especies.

A organización desta xornada ten unha doble finalidade como traballo de sensibilización e educación ambiental e como formación da brigada medioambiental do Concello de Gondomar, como punto de partida para o desenvolvemento dunha estratexia concreta de actuación para o control destas especies por parte da administración local.

A xornada é aberta e gratuita e non é necesaria inscripción previa.

19 de novembro de 2015 | 19:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.