publicidade hoxe

Frades realiza unha campaña contra a violencia de xénero en redes sociais e establecementos comerciais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFrades
A-
A+

O Concello de Frades vén de iniciar hoxe unha campaña contra a violencia de xénero co gallo da conmemoración a próxima semana do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A campaña desenvolverase durante os próximos días a través das redes sociais e os establecementos comerciais do municipio.

Por unha banda, o Concello de Frades realizou unha serie de carteis informativos coa mensaxe “Este establecemento está contra a violencia de xénero”, que repartirá esta semana entre os distintos establecementos comerciais do municipio de xeito totalmente gratuíto. No caso de que algún establecemento non dispoña del, poderá recollelo no Concello de Frades. 

Por outro lado, esta mañá o Concello de Frades tamén iniciou a difusión desta campaña a través da súa páxina web e perfil en Facebook, para que as persoas e establecementos comerciais que o desexen poidan sumarse tamén á iniciativa utilizando a imaxe da campaña nos seus perfís de Facebook e de Whatsapp. 

Así mesmo, o Concello de Frades tamén participará nas iniciativas contra a violencia de xénero promovidas dende o Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes, que inclúen dous concurso a través de Facebook e de Twitter.

18 de novembro de 2015 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.