publicidade hoxe

Finaliza o curso de márketing, comunicación e redes sociais para praceiros en Cee

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCee
A-
A+

Os praceiros do Mercado Municipal de Cee finalizaron onte a súa formación en márketing, comunicación e redes sociais que estivo enmarcada dentro da actuación da Xunta de Galicia para a mellora das prazas de abastos. Durante 16 horas lectivas, distribuídas nos meses de outubro e novembro, os praceiros aprenderon sobre a importancia das estratexias de márketing, as habilidades comercias, e as novas estratexias de venda así como do uso das redes sociais como nova forma de chegar aos seus públicos.

Como resultado do curso, os praceiros pretenden levar a cabo novas iniciativas que consigan posicionar ao mercado na mente de novos consumidores así, como amosar o mercado como un punto de encontro entre os ceenses. Deste xeito, durante todo o mes de novembro a Praza de Abastos de Cee conta cunha exposición sobre a Violencia de Xénero promovida polo CIM coa que buscan colaborar na concienciación sobre esta importante lacra social.

No marco da mesma convocatoria, os Concello de Cee puido mellorar algúns puntos  da infraestrutura do Mercado que xa se poden observar como a substitución das antigas portas por outras automáticas ou a incorporación dun cambiador para bebés nos baños do edificio, servizos todos eles demandados polos mesmos praceiros e que pretenden achegar mellores servicios a todos os usuarios.

O acto de clausura e a entrega de diplomas foi presidido pola Concelleira de Presidencia, Benestar Social , Igualdade e Emprego, Pilar Iglesias, quen salientou a necesidade de colaboración entre a Asociación de Praceiros e o Concello de Cee.

11 de novembro de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.