publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Finaliza en Ribadumia o curso de “creación de horta ecolóxica” do programa Actívate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Local das Mulleres Rurais de Ribadumia acolleu hoxe a entrega de diplomas ós participantes do curso “Creación de horta ecolóxica”, organizado pola Deputación de Pontevedra dentro do Programa Actívate.  Á entrega de diplomas acudiu a concelleira de Participación Veciñal, Mar Moimenta. 

O curso, que tivo unha duración de corenta horas, desenvolveuse polas mañás no Local das Mulleres Rurais dende o 26 de outubro ata hoxe,  día de entrega de diplomas. 

Os participantes do curso -máis de 15 en total- puideron aprender ao longo destas dúas semanas diferentes métodos sinxelos para manexar unha horta ecolóxica, así como a elaborar de forma práctica os seus preparados naturais para evitar pragas e enfermidades. Practicaron a elaboración de insecticidas caseiros con allos e nicotina, funxicidas con leite, xabón potásico, decocción de plátanos como revitalizante, e máis técnicas para mellorar o coidado das súas hortas. 

9 de novembro de 2015 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.