publicidade hoxe

Fecimo logra máis vantaxes para as súas empresas grazas á renovación do convenio con Iberdrola

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+

Pedro de Marcos – xestor de canle presencial en IBERDROLA visitou recentemente a sede de FECIMO co fin de renovar o convenio ofertado á federación e mellorar as súas condicións.

Envíase fotografía da sinatura do convenio por parte do representante de IBERDROLA e o presidente de FECIMO, Xosé Bangueses

Entre os acordos tomados, o grupo enerxético comprométese a realizar un estudio pormenorizado e de optimización de precios para cada suministro, así como a búsqueda da modalidade de contratación máis conveniente para obter condicións competitivas de mercado.

IBERDROLA comprométese tamén a ofertar un prezo preferente individualizado a cada asociado de FECIMO por pertenza a este colectivo. A maIores da oferta que a empresa venda no momento da contratación na Zona, cada asociado beneficiarase de descontos exclusivos tanto para tarifas Residencial como Pymes.

Todos os asociados de FECIMO que o soliciten, recibirán asesoramento gratuito e sen compromiso para a optimización dos seus consumos, buscando una reducción económica nas súas facturas de enerxía eléctrica.

Xosé Bangueses asinou este convenio de colaboración co representante da entidade, mellorando así un dos convenios con empresas externas, dentro da ampla lista coa que conta FECIMO e que se pode ver na súa páxina web: http://www.fecimo.es/servizos/convenios

Este acordo supón un paso adiante no compromiso da federación co aforro de costes das súas empresas asociadas, facilitándolles ata 30 convenios con empresas tanto asociadas como externas para que levar adiante a súa PYME sexa menos costoso.

10 de novembro de 2015 | 18:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.