publicidade hoxe

Facendo Escola en Cabanas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCabanas
A-
A+

Como todos os cursos, o Concello de Cabanas organiza unha nova edición do proxecto “Facendo Escola”, dentro do Programa Municipal de Acción Social ca Infancia, Familia e Mocidade da Deputación da Coruña. Este proxecto ten como finalidade promover o benestar  social e persoal a través de accións directas, adaptadas á diversidade da poboación e promotoras da participación activa. Son accións motivadoras e que fomentan a educación en valores.

As sesións terán lugar no CEIP Eladia Mariño durante os meses de novembro e decembro, e o contido das mesmas tratará sobre como expresar as emocións, a necesidade da empatía e a escoita activa, a resolución de conflitos, autonomía emocional ou cohesión grupal.

19 de novembro de 2015 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.