publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Ethel Vázquez convoca a alcaldes de Ferrolterra, Ortegal e a Mariña a unha reunión para abordar a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAs SomozasCariñoCedeiraCerdidoCervoFerrolLocal PortadaLugoMañónMoecheNarónNedaO VicedoOrtigueiraOurolSan SadurniñoValdoviñoViveiroXove
A-
A+

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, vén de convocar aos alcaldes de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña a manter unha xuntanza para abordar a Vía de Altas Prestacións da Costa Norte. A titular de Infraestruturas remitiulles hoxe unha misiva aos alcaldes dos concellos que teñen manifestado o seu interese pola situación do treito autonómico desta infraestrutura viaria para tratar conxuntamente esta cuestión.

Así, Ethel Vázquez convoca a esa reunión os concellos de Ferrol, Narón, Ortigueira, Cariño, San Sadurniño, Moeche, Cerdido, Valdoviño, Mañón, Cedeira, As Somozas, Neda, Xove, O Vicedo, Cervo, Ourol e Viveiro.

A reunión convócase para o día 12 de novembro ás 10:30 horas na Casa de Cultura do Vicedo.

Nesta carta remitida, a conselleira Ethel Vázquez subliña que a procura de infraestruturas viarias que respondan ás necesidades de cada territorio supón unha preocupación compartida entre os responsables de todas as administracións. E precisa que o desenvolvemento dunha rede de estradas eficiente e segura para os veciños das comarcas da Mariña, Ortegal e Ferrol constitúe un propósito irrenunciable no que a Xunta de Galicia traballa de xeito permanente.

A Vía de Altas Prestacións da Costa Norte está actualmente en execución no treito entre Celeiro e San Cibrao, ao tempo que na actualidade está en servizo a Variante de Ortigueira, que forma parte tamén desta infraestrutura.

3 de novembro de 2015 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.