publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dúas persoas liberadas tras a saída de vía dun camión en Antas de Ulla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAntas de UllaO PorriñoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Dúas persoas foron liberadas este martes por servizos de emerxencia tras a saída de vía dun camión no termo municipal de Antas de Ulla (Lugo). Segundo informou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 4,30 horas cando o camión circulaba polo lugar de Nugallás, no municipio lucense de Antas de Ulla.

Efectivos do parque comarcal de Chantada e do GES de Monterroso encargáronse de liberar os dous ocupantes do camión no que viaxaban, tras quedar atrapado cando o vehículo se saíu da vía e impactou contra unha árbore.

Foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico, bombeiros e GES, así como Urxencias Sanitarias, que desprazou un médico do PAC e unha ambulancia que evacuou a un ferido, o home A.V.G., de 53 anos, ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), segundo sinalaron fontes sanitarias.

COLISIÓN

Pola súa banda, uns minutos antes das 18,00 horas do luns sucedeu unha colisión por alcance na autovía A-55 dirección Vigo con catro vehículos implicados no termo municipal do Porriño (Pontevedra).

O 061 desprazou ao punto unha ambulancia asistencial que levou ao hospital vigués Castro Perpetuo Socorro a dous varóns duns 27 e 46 anos de idade.

10 de novembro de 2015 | 10:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.