publicidade hoxe

Dous novos detidos en Santa Comba por estafa en cursos de formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSanta Comba
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo a dous administradores solidarios dunha empresa con sede social en Santa Comba (A Coruña) por suposta estafa en cursos de formación no marco da denominada ‘Operación Qatedra’.

Segundo informou o Instituto Armado, foron arrestados A.M.L.G. de 44 anos e veciño da Coruña, e J.J.L.G., de 41 anos, con domicilio en Santa Comba, como presuntos autores dos delitos de estafa, falsificación de documento público mercantil e fraude de subvencións.

Estas detencións, segundo indican as mesmas fontes, son continuación das realizadas anteriormente e “froito das investigacións” que o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín (Pontevedra) realiza no marco da ‘Operación Qatedra’.

Os detidos, administradores solidarios dunha empresa con sede social en Santa Comba, solicitara subvencións para cursos de formación que, segundo destacan as mesmas fontes, “non chegaron a realizarse” a pesar de recibir da Xunta e da Unión Europea ditas axudas.

Estas dúas persoas, que quedaron en liberdade por decisión xudicial, terán que presentarse no Xulgado de Instrución Número 1 de Lalín cando para iso sexan requiridos.

17 de novembro de 2015 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.