publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous detidos en Rodeiro pola estafa en cursos de formación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaRodeiroSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo outros dous individuos, administradores dunha empresa de Rodeiro (Pontevedra) no marco da ‘Operación Qatedra’ por estafa en cursos de formación. Segundo informou o Instituto Armado, trátase de J.J.H.D., de 34 anos de idade e veciño de Pontevedra, e J.M.P.S., de 42 anos con domicilio en Rodeiro, como presuntos autores dos delitos de estafa, falsificación de documento público mercantil e fraude de subvencións.

Estas detencións son continuación ás de días anteriores con motivo das investigacións que o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín realiza dentro do marco da ‘Operación Qatedra’.

Os detidos, administradores mancomunados dunha empresa con sede social en Rodeiro, segundo explicou a Garda Civil, solicitaran subvencións para cursos de formación que non chegaron a realizarse pese recibir da Xunta de Galicia e da Unión Europea a subvención para iso.

Os detidos, que quedaron en liberdade por decisión do instrutor da causa, terán que presentarse no Xulgado de Instrución número 1 de Lalín cando para iso sexan requiridos.

13 de novembro de 2015 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.