publicidade hoxe

Díaz Mouteira mantén un encontro co presidente da Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseSan Cibrao das Viñas
A-
A+
Marisol Díaz na reunión con Elías Mera

Marisol Díaz na reunión con Elías Mera

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente da Asociación de empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao, Elías Mera, e outros membros da xunta directiva. Este encontro enmárcase dentro da rolda de reunións que está a celebrar cos principais representantes das entidades ourensás como nova responsable do Goberno galego na provincia.

No encontro Díaz Mouteira escoitou as demandas dos empresarios asentados neste polígono industrial e xuntos analizaron liñas de cooperación para favorecer a actividade empresarial. Neste senso, a máxima representante da Xunta en Ourense ofreceulle a Elías Mera diálogo e colaboración da Xunta para traballar de xeito coordinado no impulso e na recuperación da economía, así como no mantemento das empresas e os postos de traballo existentes na actualidade no polígono emprazado no concello ourensán de San Cibrao das Viñas.

A delegada territorial subliñoulle ao presidente do polígono a aposta decidida do Goberno Galego por mellorar e potenciar esta zona industrial, creada en 1965, que conta con case 4 millóns de metros cadrados de superficie nas que están instaladas máis de 300 empresas que dan emprego a preto de 8.000 persoas, configurando o ámbito de actividade empresarial máis importante da provincia de Ourense. Así, na xuntanza Marisol Díaz Mouteira lembrou as actuacións da Xunta de Galicia neste polígono co fin de convertelo en polo de atracción de novos investimentos na provincia de Ourense e de toda Galicia.

19 de novembro de 2015 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.