publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Curso de formación en técnicas de venda para as placeiras do Mercado de Abastos grovense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

O vindeiro luns, 9 de novembro, entre as 9.00 e as 14.00 horas celebrarse na Sala das Cunchas un curso de formación dirixido os vendedores e vendedoras da praza de abastos. Trátase dun curso de técnicas de venda, fidelización e deseño de campañas que pretende contribuír á mellora da estratexia comecial dos postos de venda que ocupan no mercado.

Entre os contidos previstos amosaranse posibles técnicas de fidelización de cliente ou nocións básicas sobre uso de redes sociais e outros métodos de promoción orientados á promoción e venda dos produtos do mercado para mellora a imaxe de marca.

A temática do curso resposta ás propias demandas das vendendoras que expresaron o seu interese en contar con aportacións sobre estes asuntos.  

7 de novembro de 2015 | 15:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.