publicidade hoxe

Cores Tourís visita a nova senda peonil de Casal de Eirigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaValga
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acudiu esta mañá ata o concello de Valga, invitado polo alcalde da localidade, José María Bello Maneiro, co obxectivo de coñecer a nova senda peonil de Casal do Eirigo que permitirá mellorar a seguridade viaria en todo este entorno.

O delegado territorial estivo tamén acompañado do xefe territorial de Infraestruturas e Vivenda, José Luis Díez.

A senda conta cunha lonxitude de 500 metros entre os puntos quilométricos 0 e 0+520 na marxe dereita da PO-220, estada autonómica que comunica os lugares do Pino e o concello de Cuntis, e que conta cunha media de case 700 vehículos de tránsito ao día.

Esta senda está a ser executada en formigón, separada do tráfico rodado por un foxo revestido de seguridade. O acceso para peóns conta cun ancho de 1,50 metros e un foxo de seguridade de 1,25.

Para a súa construción levouse a cavo a escavación en saneo da terra vexetal e posterior recheo con solo seleccionado procedente de préstamo, co obxectivo de conseguir unha base suficiente sobre a que executar foxo e senda respectivamente; aplicación dunha capa de zahorra artificial; canalización de pluviais mediante tubeira de PVC de 400 mm de diámetro que da así continuidade ás augas que se reciben e canaliza as provenientes da calzada en dito treito e a construción de pozos de rexistro e sumidoiros. A maiores tamén se pavimenta a senda con formigón tintado de 10 centímetros de espesor e se coloca un bordo de formigón.

“Estes traballos permiten facilitar o acceso dos veciños dun lugar a outro neste punto do Casal de Eirigo, gañando así en seguridade viaria, xa que esta zona é moi transitada polos nenos que van a coller o transporte escolar así como polos veciños que acoden ao servizo relixioso na igrexa de Eirigo”, destacou o alcalde do municipio, Bello Maneiro.

16 de novembro de 2015 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.