publicidade hoxe

Cores Tourís recibe ao novo director do centro penitenciario da Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Lama
A-
A+
Cores Tourís na reunión co novo director do centro penitenciario

Cores Tourís na reunión co novo director do centro penitenciario

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá a José Ángel Vázquez Yáñez, novo director do centro penitenciario da Lama. Durante o encontro, o novo responsable da prisión pontevedresa estivo acompañado polo alcalde da localidade onde se atopa ubicada, Jorge Canda.

Vázquez Yáñez trasladou ao delegado territorial as liñas básicas de xestión que pretende poñer en marcha no centro penitenciario ao longo dos próximos meses e da que xa lle transmitiu ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, a pasada semana.

O novo director da prisión da Lama, natural do concello coruñés de Curtis, conta cunha importante experiencia no eido penitenciario, xa que comezou a súa traxectoria en Soto del Real (Madrid V) e continuou nos centros de Huelva, Lugo-Monterroso e Teixeiro. Chega así á Lama tras exercer dende 2013 como máximo responsable do centro de Pereiro de Aguiar en Ourense.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra trasladoulle a máxima colaboración da administración autonómica en relación co centro penitenciario de A Lama e desexoulle moita sorte neste novo posto, destacando que “a importante experiencia que acumula permitiralle facer fronte a este novo e importante cargo, todo un reto tendo en conta que estamos a falar da segunda cárcere con maior número de reclusos e reclusas de Galicia”.

11 de novembro de 2015 | 13:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.