publicidade hoxe

Concello do Grove, ADM e as distintas entidades deportivas colaborarán no Proxecto de Pulseiras Salvavidas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Nunha reunión mantida coa Asociación de Deporte Meco e as distintas entidades deportivas do Grove plantexouse a posibilidade de que estes colectivos apoiaran o Proxecto de Pulseiras Salvavidas. Os representantes dos distintos clubes amosáronse moi receptivos co proxecto, propoñendo que cada un deles reciba un paquete de 50 pulseiras para poñer a venda o antes posible.

Deste xeito o proxecto esténdese polo Concello logo da positiva experiencia da Festa do Marisco, contando con máis puntos de distribución. A semana pasada foi o colectivo de vendedores e vendedoras do Mercado de Abastos os que se ofreceron para colaborar nesta venda, e tamén se teñen establecido contactos coas ANPAS dos Colexios.

Debemos subliñar, ademais, que o proxecto tamén supón contar con instrutores para o uso dos aparellos desfibriladores, o que permitiría a formación e reciclaxe para persoal de tódolos equipos locais cun custes mínimos. Tamén posibilita dar unha cobertura máis efectiva á protección contra a morte súbita apoiada no uso dos desfibriladores que xa existen nas instalacións deportivas municipais, posibilitando a súa inscrición nas bases de datos do 061 para poder ser empregados adecuadamente, feito que, ata agora, non foi realizado e que os inutiliza a efectos prácticos.  

7 de novembro de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.