publicidade hoxe

Comézanse a montar as carpas para a Festa de San Martiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

A Asociación Cultural San Martiño ven de facer unha grande labor de organización dos actos de celebración da Festa de San Martiño que terán lugar dende o martes 10 pola tarde ocupando todo o día 11 con diversas actividades.

Para o desenvolvemento desta Festa dende hoxe, venres, logo do remate do mercado semanal, procederase a instalación dunha grande carpa no vial de entre a rotonda do Mariscador e a rotonda das garzas. Nese espazo poderán celebrarse os concertos das orquestras programadas a cuberto. O corte deste vial prolongarase ata o xoves, 12 de novembro. 

6 de novembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.