publicidade hoxe

Comezan no Grove as actividades extraescolares para coñecer a biblioteca

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Hoxe venres a partires das 16.30 horas comezan as actividades enmarcadas no programa “Coñecendo e gozando da biblioteca”. Na mesma participan 45 alumnos e alumnas de infantil e primaria dos diferentes centros educativos da localidade. A actividade celebrarase tódolos venres na Biblioteca Municipal do Grove.

O obxectivo desta actividade é espetar a imaxinación e a creatividade mediante os recursos que ofrece a lectura; experimentar a biblioteca coma unha contorna máxica de encontro cos libros con outros nenos e nenas ademais de establecer un primeiro contacto cos libros dun xeito lúdico e facilitando o xogo. Os participantes terán cada semana actividades de carácter pedagóxico, con obradoiros lúdicos, animacións, xogos e manualidades adaptados as súas idades. Este venres os obradoiros centraranse na temática do magosto co obxectivo de achegar aos máis novos ao significado, as costumes e as tradicións da festa. Durante os obradoiros de novembro tamén se traballará co mundo máxico das lendas, e das historias tradicionais, facendo especial fincapé nas historias locais. 

6 de novembro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.