publicidade hoxe

Comeza a recollida da Carpa Institucional no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

Durante o día de hoxe desenvolveránse os traballos de retirada da Carpa Institucional da Festa do Marisco. A instalación foi prorrógada durante tres semanas máis para servir de escenario as múltiples actividades culturais que o Grove celebra. Así a carpa institucional permitiu contar con teatro, cine, música e exposicións que, doutro xeito, non se poderían ter celebrado ou faríano en espacios moito máis reducido e con menos posibilidades. Durante esta semanas a asistencia as actividades resultou masiva (con cheos completos especialmente no teatro) e conseguiu captar a públicos de tódalas idades.

As actividades celebradas foron posibles grazas á colaboración, como ven sendo habitual, das asociacións culturais da vila ademais da colaboración da Deputación de Pontevedra e, por suposto, gracias a coordinación das distintas concellerías. Todo isto leva ao Goberno Local a facer unha valoración moi positiva da experiencia entendendo que esta semanas permiten visibilizar perante a outras institucións a necesidade urxente dun Auditorio para O Grove. A partires deste punto agárdase realizar unha rolda de contactos coas mesmas que permita buscar o punto de colaboración necesario e urxente para poder acadar esta infraestrutura. 

9 de novembro de 2015 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.