Clases de teatro en Cee
Desde a Concellería de Cultura e Festexos do Concello de Cee, anúnciase que, despois de rematado o prazo de selección de empresas que vai impartir as clases de teatro neste concello, darán comezo as mesmas a vindeira semana nos lugares habituais. Para máis información, a veciñanza pode dirixirse á Casa da Cultura ou ás oficinas da Casa Consistorial.