publicidade hoxe

Boqueixón asina un convenio con Unicef para desenvolver o proxecto Alia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+

O CONCELLO DE BOQUEIXÓN firma un convenio con UNICEF ESPAÑA co fin de colaborar no sucesivo para desenvolver no  municipio o enfoque do traballo “ALIA”, consistente en levar a cabo proxectos e accións que contribúan a fomentar a participación da cidadanía, incluídos os nenos, nas políticas locais de infancia e adolescencia, construíndo así alianzas e redes de colaboración con diferentes sectores da sociedade a favor da infancia, conforme aos principios e normas da Convención sobre os Dereitos do Neno (NN.UU., 1989).

A firma deste documento outorga ao CONCELLO DE BOQUEIXÓN a condición de “Municipio aliado do Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF España”

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS, COA COORDINACIÓN DA  EDUCADORA FAMILIAR levará a cabo accións e actividades de difusión e sensibilización  dándolle ós nenos a capacidade de  expresar as súas opinións e sentirse partícipes nun proxecto por e para eles dentro do seu Concello.

Dentro destas accións destacar que o día 20 de novembro ás 10:30 e coincidindo co DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS D@S NEN@S realizase un Pleno Infantil Conmemorativo.  Contaremos coa participación dos nenos de 6º de primaria do CPI Orza Couto.

9 de novembro de 2015 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.