publicidade hoxe

Asínase o contrato de obras de “Ensanchamento e rebacheo da estrada de O Tarambollo a Calvelo de Arriba” en Sofán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Casa do Concello vén de acoller o acto de sinatura do contrato administrativo de obras de “Ensanchamento e rebacheo da estrada de O Tarambollo a Calvelo de Arriba no Concello de Carballo”, situada na parroquia de Sofán. Esta actuación forma parte do plan provincial DTC93 adicional da Deputación Provincial da Coruña e foi adxudicada por un importe de 26.136 euros (IVE incluído). Estiveron presentes para asinar o contrato Diego Vázquez, xerente da empresa encargada de realizar os traballos, Construcciones Ramón Vázquez y Reino SL; e o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero.

O prazo de execución estipulado para as obras é o de dous meses a contar dende o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación de reformulo. As melloras consistirán na reparación e repavimentación dos treitos en mal estado en 14 tramos entre O Tarambollo e Calvelo de Arriba. Inclúese o limpado das cunetas, a mellora da drenaxe lonxitudinal das vías, a reparación das fochas, a creación de sumidoiros que queden tapados pola capa de rodadura e o ancheamento das pistas. Empregarase dobre capa de rega asfáltica no firme existente xa pavimentado, e triple capa nos treitos máis deteriorados. O obxectivo destas actuacións é o de mellorar o firme da vía, ao igual que se fixo e se ten proxectado noutros viais estruturantres do Concello, ademais de evitar que as augas de escorrentía sigan a prexudicar o pavimento. A adxudicación dos traballos foi ratificada na sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do pasado 9 de novembro.

17 de novembro de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.