publicidade hoxe

Apertura do proceso de primarias abertas de IpU

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaAgoladaCuntisDozónLalínRodeiroSilledaVila de Cruces
A-
A+

Ábrese o proceso de PRIMARIAS ABERTAS de IpU, o cal se desenvolve por primeira vez no noso País e onde todas as persoas rexistradas no sitio web polaunion.gal (case 6000 en toda Galiza) poderán elixir este vindeiro domingo 8 de novembro as persoas que conformarán as candidaturas promovidas por Iniciativa pola Unión -IpU- ao Congreso e ao Senado na circunscrición electoral de Pontevedra. As cales concorrerán ás eleccións xerais do 20 de decembro baixo o nome de NÓS – CANDIDATURA GALEGA, na que entre outras se integran as seguintes forzas políticas: BNG, PCPG, FOGA, CG, PG, xunto coa adscriciòn individual de milleiros de cidadáns que levan desde o mes de setembro, data de celebración do Banquete de Conxo 2.0, a traballar poor unha candidatura galega de unidade popular de obediencia unicamente galega, personalidade xurídica propia e poder de decisión no País.

Na zona Deza/Tabeirós-Montes houbo un total de 152 persoas inscritas para votar presencialmente (non se contabilizan os que por residir fóra votarán telematicamente no horario previsto para o voto en urna, respectando a hora galega)

As votacións serán o vindeiro domingo simultaneamente en toda Galiza de 11 a 15 h, e na nosa zona terá as seguintes mesas:

Lalín, no Hotel Palacio (rúa Matemático Rodríguez, 10), onde votarán os do Concello de Lalín

Silleda, ao que acudirán @s rexistrad@s en Silleda e Vila de Cruces, no Bodegón O Recanto (Avda. do Parque, 3)

A Estrada, onde teñen dereito a voto @s censad@s dos concellos de A Estrada, Forcarei e Cerdedo, no Bar O Noso Lar (rúa Leicures, 14)

Rodeiro, para Rodeiro, Dozón e Agolada, no Mesón Lamazares do Lugar de Río.

Cuntis, na Biblioteca Blanco Torres (Praza das Árbores)

O escrutinio será público a partir das 15 he en cada mesa haberá tres persoas: un/ha presidente/a, un/ha secretario/a e un/ha vogal durante a constitución, sesión e escrutinio, aos que se poderán sumar interventores/as das candidaturas.

@s candidat@s (hain@s tamén da nosa comarca) pola provincia de Pontevedra, @s cales tiveron que recibir 10 avais (se a súa presentación foi individual) ou 25 se o facían conxuntamente, son os seguintes:

CANDIDATA Á CABEZA DE LISTA POLO CONGRESO: Carme Adán Villamarín.

RESTO CANDIDATURA AO CONGRESO: Teresa Conde Herrezuelo; Miguel Anxo Fernández Lores; Segundo González González; Alberte Lamazares Casero; Helena Pérez Fernández; María Pousada  Pacheco; Miriam Rodríguez Fernández; David Torres Mascato

Candidat@s ao Senado: Xosé Collazo Castro; Alba Cuba Dorado; Valentín García Bóveda; David Torres Mascato; Eernesto Vázquez-Rey Farto; Carlos Villar Gutiérrez

Cada votante poderá exercer o dereito a voto en tres tipos de elección do seguinte xeito:

Cabeza de lista ao Congreso, só hai unha, a cal terá opción de marcar

Resto da lista ao Congreso: poderá marcar un máximo de 3 nomes

Senado: riscaranse un máximo de 2 nomes.

6 de novembro de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.