publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alumnos do Cordo Boullosa e do Colexio da Reigosa asisten á representación de O Espantallo Amigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Un dos centros nos que se representou a obra

Un dos centros nos que se representou a obra

Alumnos dos colexios Cordo Boullosa e A Reigosa asistiron en Ponte Caldelas á representación da obra de teatro “O Espantallo Amigo”, adaptación dramaturga feita por Os Quinquilláns da novela homónima do escritor galego Xosé Neira Vilas.

O salón de actos estaba ateigado de rapaces que disfrutaron coas bromas que sobre o escenario ían desgranando os actores Tero Rodríguez e Lucho Penabade coa colaboración do seu equipo de produción.

O alcalde Andrés Díaz deu a benvida aos rapaces dos dous colexios e agradeceu a colaboración amosada polos mestre de ámbolos dous centros nesta iniciativa conxunta que dixo “espero non sexa a última e desde logo debe ser este xeito de traballar, unha maneira de avanzar na educación dos cativos ao tempo que se unen sinerxias para obter os mellores resultados”. 

Díaz desexoulle aos cativos que pasaran unha boa xornada e procuraran aproveitar ao máximo as moralexas que esta fábula ía a descubrirlles para que poidan ser aplicadas na súa formación persoal. A obra fala do sacrificio, a xenerosidade e como unha das cualidades do ser humán é botar unha man a quen o precisa tendo na solidariedade un dos valores máis importantes das persoas. 

Os Quinquilláns Teatro é unha compañía que leva desde o ano 1989 rolando polos teatros de Galicia. Ao longo deste tempo conseguiu grandes éxitos con espectáculos de gran e pequeno formato, de rúa e de sala, para público infantil e adulto. Entre outros éxitos puxo en escea “Irmandiños”, “Morgana e Artur”, “Feirantes”, “O Castelo de Vimianzo”, “Indianos”, etc.

6 de novembro de 2015 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.