publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alcaldes e cargos políticos chaman a participar na mobilización do día 13 en defensa da sanidade pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaBarroCambadosMarínMorañaPoioPonte CaldelasPontevedraSanxenxoVilaboa
A-
A+

Alcaldes e concelleiros dunha ducia de concellos -Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Vilaboa, Barro, Moraña, A Lama, Ponte Caldelas, Cambados- representantes políticos -BNG, PSdeG-PSOE e Marea Pontevedra- e portavoces da plataforma SOS Sanidade Pública, co alcalde Miguel Fernández Lores ao fronte, fixeron un chamamento á participación na manifestación convocada para o próximo venres, 13 de novembro a prol dunha sanidade pública, de calidade e con medios.

É o momento de inverter a situación de abandono e discriminación que sofre a área sanitaria de Pontevedra e esixir á Xunta os investimentos negados nos últimos seis anos e medio. Retomar e actualizar o plan director e executar o proxecto de Hospital Único en Montecelo, manter o Provincial para usos sanitarios e dotar dos recursos suficientes ao hospital so Salnés para atender a súa demanda son parte das reivindicacións que están detrás da mobilización, na que tamén se pedirá o fin dos recortes e co pagos e o fin da aposta pola privatización da sanidade.

O cambio de titular na Consellería de Sanidade e o “bluf” do novo hospital “Álvaro Cunqueiro” de Vigo e o seu modelo privatizador, crea un novo escenario polo que o alcalde Miguel Fernández Lores xa pediu unha entrevista con Jesús Vázquez Almuiña a quen lle transmitirá a posición defendida polo Concello e que comparte con SOS Sanidade Pública e co fronte político institucional a prol do Hospital Único.

9 de novembro de 2015 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.