publicidade hoxe

A Xunta convoca aos propietarios dos terreos afectados pola vía de altas prestacións Brión-Noia para abonarlles 250.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBriónLocal PortadaNoia
A-
A+

A Xunta convoca aos propietarios dos terreos afectados pola vía de altas prestacións Brión-Noia, nos concellos de Noia e Lousame, para abonarlles preto de 250.000 euros. O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe os anuncios polo que se cita a afectados dos dous concellos para o cobro destas indemnizacións.

A relación concreta dos afectados aos que se abonarán as indemnizacións estará publicada no edificio dos respectivos Concellos.

O xoves 12 de novembro pagaranse as indemnizacións a afectados pola execución da Vía de Altas Prestacións no Concello de Noia. Estas ascenderán a 95.202,82 euros e correspóndense coa ocupación de 123 fincas. Segundo anuncia o BOP, os seus titulares deberán acudir entre as 9:30 e as 11:30 horas á Casa Consistorial de Noia.

No Concello de Lousame serán 29 as fincas que se abonarán con estes pagos, cuxos propietarios cobrarán un total de 153.063,56 euros. O pago aos afectados efectuarase na Casa Consistorial o venres 13 de novembro, debendo acudir entre as 9:30 e as 10:15 horas.

Nos vindeiros días está previsto asemade convocar a través do Boletín Oficial da Provincia da Coruña a afectados do Concello de Rois para o pagamento. Neste caso, os pagos ascenderán a 42.231,81 euros e se corresponderán coa ocupación de 28 fincas.

4 de novembro de 2015 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.