publicidade hoxe

A Xunta convoca aos propietarios de terreos afectados pola mellora da estrada Os Tilos- A Ramallosa para abonarlles máis de 140.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de CompostelaTeo
A-
A+

A Xunta convoca para o 18 de novembro aos propietarios de terreos afectados pola mellora da estrada Os Tilos-A Ramallosa para abonarlles máis de 140.000 euros. Nesta convocatoria, á que asistirán veciños afectados dos concellos de Santiago e Teo, abonaranse tamén expropiacións debidas á execución da autovía AG-59, que ascenden a preto de 80.000 euros.

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe o anuncio polo que se convoca a afectados dos dous concellos para o cobro destas indemnizacións, correspondentes a procedementos que foron obxecto de recurso dos afectados ao Xurado de Expropiación. A relación concreta dos titulares aos que se abonarán os prezos xustos estará publicada no edificio dos respectivos Concellos.

Serán 8 as fincas que se abonarán con estes pagos no Concello de Santiago: 6 polas obras levadas a cabo para a mellora da AC-841, polas que se abonarán un total de 11.963,72 euros, e 2 para a execución da Variante de Cacheiras (AG-59), cuxos propietarios cobrarán un total de 8.030,43 euros. Segundo anuncia o BOP, os seus titulares deberán acudir entre as 9:00 e as 9:30 horas ao Centro Sociocultural e Xuvenil “O Ensanche”, situado na rúa Frei Rosendo Salvado.

Pola súa banda, no Concello de Teo serán 26 as fincas que se pagarán: 9 afectadas pola reforma da AC-841, cuxos propietarios cobrarán un total de 131.751,40 euros e 17 fincas resultantes da execución da AG-59, polas que os titulares recibirán 71.526,34 euros. O pago aos afectados efectuarase na Casa Consistorial, debendo acudir entre as 10:30 e as 11:00 horas os titulares das fincas.

4 de novembro de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.