publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta conovoca aos propietarios dos terreos afectados polo acondicionamento da estrada Caldas – Moraña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisMorañaPontevedra
A-
A+

A Xunta convoca aos propietarios afectados polo acondicionamento da estrada Caldas-Moraña (PO-221) para o abono de máis de 355.000 euros en concepto de expropiacións. O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra anuncia hoxe o pago a un grupo de afectados do Concello de Caldas de Reis, e nos próximos días convocarase a novos afectados deste concello e tamén do de Moraña.

A relación concreta dos propietarios aos que se abonarán as indemnizacións estará publicada nas respectivas Casas Consistoriais dos Concellos de Caldas de Reis e Moraña.

O primeiro pago a afectados do Concello de Caldas de Reis efectuarase na Casa do Concello o luns 30 de novembro, debendo acudir entre as 11:00 e as 12:00 horas os titulares dos bens afectados. Os titulares beneficiados por estes pagos cobrarán un total de 268.357,02 €. 

A consellería de Infraestruturas ten previsto ademais convocar nas vindeiras semanas ao pagamento a un grupo de afectados do Concello de Moraña, e a un segundo grupo de afectados do de Caldas de Reis. Nestes novos pagos abonaranse expropiacións por 15.269,68 euros a titulares de Caldas, e 71.498,68 euros a propietarios do Concello de Moraña. 

11 de novembro de 2015 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.