publicidade hoxe

A Xunta colabora co Concello de Baños de Molgas nos últimos trámites para a aprobación inicial do PXOM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaños de Molgas
A-
A+
Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Baños de Molgas. Foto: A. Varela

Encarnación Rivas na reunión co alcalde de Baños de Molgas. Foto: A. Varela

A Xunta colaborará co Concello de Baños de Molgas para que avance un paso máis cara á aprobación inicial do que vai ser o seu primeiro Plan xeral de ordenación municipal.

Así llo trasladou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, ao alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, co que mantivo un encontro de traballo xunto cos técnicos redactores do PXOM, no que acordaron impulsar a coordinación institucional para axilizar ao máximo este documento de planeamento.

No encontro repasaron os axustes realizados polo equipo redactor respecto do documento previo sometido ao informe da secretaría xeral, que dan cumprimento aos requirimentos técnicos sinalados nese informe, que fora emitido en xullo de 2012.

A secretaria xeral e o alcalde coincidiron na conveniencia en que o documento se someta á aprobación inicial do Pleno á maior brevidade, para poder seguir avanzando nos trámites establecidos, para así dar resposta á necesidade de que o Concello de Baños de Molgas conte cun documento que permita ordenar e planificar o seu desenvolvemento cara o futuro, coa precisa garantía xurídica, substituíndo ás Normas Subsidiarias Proviniciais.

O novo documento suporá maior calidade de vida para todos os seus veciños, e redundará no seu desenvolvemento sustentable.

12 de novembro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.