publicidade hoxe

A Xunta autoriza a transferencia do treito de estrada que comunica o porto e o cuartel da Garda Civil de Burela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

O Consello da Xunta autorizou hoxe a cesión ao Concello de Burela da titularidade do treito da estrada que comunica o porto e o cuartel da Garda Civil deste municipio lugués.

O Concello de Burela solicitoulle á Deputación de Lugo o cambio de titularidade das rúas Eijo Garay, rúa Pascual Veiga e rúa Vilaestrofe, que se corresponden co treito comprendido entre os p.q. 0+000 (porto de Burela) e 1+200 (cuartel da Guarda Civil) da estrada de titularidade da Deputación Provincial de Lugo LU-P-1502. Este treito está situado no núcleo urbano de Burela. 

Cómpre lembrar que a tenor do previsto no artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas incluídos no inventario de travesías da administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia. A proposta é efectuada polo departamento competente en materia de estradas, neste caso, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, logo do acordo entre as administracións afectadas.

Nese contexto, a Deputación Provincial de Lugo solicitoulle á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade e o Goberno galego, logo de informe de ambos os organismos, aprobou hoxe o cambio de titularidade no Consello da Xunta de Galicia para a súa tramitación. 

A entrega dos treitos formalizarase no prazo dos dous meses seguintes á publicación do decreto no Diario Oficial de Galicia (DOG) mediante a sinatura da acta de entrega.

5 de novembro de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.