publicidade hoxe

A Xunta atenderá a solicitude do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil na marxe dereita da ponte Julián

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRedondela
A-
A+
Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Redondela

Ethel Vázquez na reunión co alcalde de Redondela

A Xunta atenderá a petición do Concello de Redondela de construír unha pasarela peonil adosada á Ponte Julián na súa marxe dereita, como actuación complementaria ás obras de ampliación executadas este mesmo ano nesa infraestrutura. Esa petición foi trasladada polo alcalde da localidade, Javier Bas, á conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, na xuntanza que ambos os dous mantiveron esta mañá para abordar asuntos de interese municipal.

A conselleira de Infraestruturas expresou a vontade do seu departamento de atender a esta petición do Concello de Redondela, destinada a facilitar o tránsito dos peóns, se ben manifestou a necesidade de coordinar coa Dirección Xeral Patrimonio Cultural o relativo ao traslado do peto de ánimas.

Na reunión, Ethel Vázquez e Javier Bas abordaron tamén a solicitude do Concello relacionada coa humanización da Avenida de Vigo (PO-323) ao seu paso por Chapela. A este respecto, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda informoulle ao alcalde de que neste mesmo mes de novembro disporá do proxecto da primeira fase desta actuación.

Este proxecto, que será presetando ao Concello, prevé o acondicionamento da vía, recollendo, entre outras actuacións, a mellora das beirarrúas e do firme, favorecendo o tránsito tanto de vehículos como de peóns.

10 de novembro de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.