publicidade hoxe

A Xunta analiza a solicitude de Cedeira para que lle sexa traspasada a xestón da estación de autobuses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, está analizar a solicitude do Concello coruñés de Cedeira de que lle sexa traspasada a xestión da súa estación de autobuses. Así, na reunión mantida hoxe na Dirección Xeral de Mobilidade co alcalde, estudouse a posibilidade de transferir gratuitamente ao concello a titularidade desta infraestrutura que caduca a finais de 2016.

O municipio coruñés leva tempo manifestando o seu interese en facerse cargo da xestión da estación de autobuses, co propósito de adicar espazos a fins sociais e revitalizar o conxunto da zona no que se atopa localizada a estación. 

Desde a Dirección Xeral de Mobilidade, manifestouse o agrado desta iniciativa xa que suporía unha revitalización da propia estación de autobuses e que abriría a posibilidade de empregar este espazo público para máis servizos para os cidadáns. 

O concello manifestou ter recibidas queixas polo mantemento e limpeza desta instalación, polo que dende a Dirección Xeral se instará á empresa a levar acabo as actuacións propias do mantemento da estación. 

Para todo isto, vanse a analizar as actuacións legais precisas, co fin de que a cesión poda materializarse unha vez remate o prazo da concesión actual da empresa ARRIVA en novembro do vindeiro ano 2016.

5 de novembro de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.