publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A reserva de biosfera busca a colaboración de Conservación da Natureza para impulsar o plan de xestión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaAbegondo
A-
A+
Reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza

Reunión coa directora xeral de Conservación da Natureza

A reserva de biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo busca a implicación da Xunta de Galicia para impulsar as accións do seu plan de xestión. O seu presidente, José Antonio Santiso, recibiu hoxe no salón de plenos do Concello de Abegondo á directora xeral de Conservación da Natureza, Ana Díaz, na súa primeira visita tras asumir o cargo.

Acompañado dos técnicos da reserva e do director do CEIDA, Carlos, Santiso expuxo á responsable autonómica a configuración e obxectivos principais da reserva coruñesa. Destacoulle especialmente, que ademais das políticas de preservación ambiental, As Mariñas Coruñesas xa está a empezar a funcionar como motor económico da comarca, xurdindo emprendedores asociados ao territorio, aínda que vaticina que os resultados reais do recoñecemento da Unesco veranse a longo prazo.

A reserva pretende a colaboración da Dirección Xeral para plans como a erradicación das especies invasoras ou para accións de educación ambiental cos centros escolares.

Tamén quere impulsar a rede de reservas de biosfera de Galicia. Santiso está convencido das vantaxes desta asociación para “sumar esforzos de todas as reservas” para chegar con máis forza á cidadanía.

A directora xeral felicitou á reserva coruñesa polo traballo en todos os ámbitos e coincidiu na oportunidade que supón programar accións conxuntas.

10 de novembro de 2015 | 20:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.