publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Mancomunidade de Ordes inaugurará a finais de novembro a súa IX Mostra de Obradoiros Culturais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesMesíaOrdesOrosoTordoiaTrazo
A-
A+

A IX Mostra de Obradoiros Culturais da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes terá lugar dende o 27 novembro ao 4 de decembro. O lugar escollido para levala a cabo é o concello de Tordoia, exactamente o salón de actos da casa de cultura da Pontepedra, na parroquia de Cabaleiros. Alí poderá visitarse de balde de 14 a 21 horas.

Nesta nova edición participan un total de 13 asociacións de diversa índole, que mostrarán os traballos e proxectos realizados ao longo do último ano. Concretamente son: Obradoiro municipal de traballos manuais do Concello de Frades, Obradoiro municipal de tapicería e traballos manuais do Concello de Mesía, Obradoiro municipal de debuxo e pintura do Concello de Ordes, Asociación Andaina Pro Saúde Mental (Ordes), Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes, Asociación veciñal ‘O Cruceiro’ (Beán), Curso de habilidades sociais de persoas con diversidade funcional (Ordes), Unidade galega de mulleres e veciños rurais de Montaos (Ordes), Obradoiro municipal de debuxo e pintura do Concello de Oroso, Obradoiro municipal de cosmética natural do Concello de Tordoia, Asociación de mulleres e familias ‘A Ponderosa’ (Tordoia), Asociación de mulleres ‘Pedralonga’ (Tordoia) e a Asociación de mulleres de Trazo.

A dita iniciativa está financiada pola Deputación da Coruña e está organizada pola Mancomunidade de Ordes e especialmente polo Concello de Tordoia. Con todo isto preténdese, por un lado, dar a coñecer o traballo e os labores desenvolvidos por estes grupos de traballo, e polo outro ser un escaparate de ocio para aqueles veciños e veciñas que dispoñan de tempo libre e estean pensando en aprender ou desenvolver algunha actividade. 

18 de novembro de 2015 | 19:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.