publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación da Coruña colabora na dinamización cultural do Castelo de Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaVimianzo
A-
A+
Xosé Regueira na reunión co alcalde de Vimianzo

Xosé Regueira na reunión co alcalde de Vimianzo

O deputado responsábel da Área de Cultura, Turismo e Patrimonio Histórico Artístico, Xosé Regueira máis o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, asinaron este xoves o convenio de colaboración polo que a Deputación Provincial actividades de dinamización turística e cultural no Castelo de Vimianzo.

A Deputación da Coruña destina 70.000 euros para a realización de actividades de carácter turístico e cultural no Castelo de Vimianzo co fin de que o monumento sexa un lugar vivo e activo. Entre outras accións, o convenio asinado polo deputado Xosé Regueira mais o alcalde Manuel Antonio inclúe a realización de exposicións ao vivo de artesanía, visitas guiadas, roteiros a pé polo Val de Vimianzo, visitas teatralizadas, coaching ou posta en valor da riqueza artesanal.

De maneira especial, o convenio financia a realización da Mostra de Artesanía en vivo que se celebra desde o ano 1994 na propia fortaleza, con dependencias acondicionadas para seren exposición permanente de artesanía. No marco do desenvolvemento da XXII Mostra de Artesanía en Vivo 2015 inclúense as distintas actividades promocionadas entre as que se atopan exposición de encaixe de Vimianzo, proceso e artesanía do liño, artesanía de tear, marquetería de barcos, artesanía da prata e o vidro, cestería, artesanía da pel, elaboración de zocos e alfareiría de Buño.

Na xuntanza para a sinatura do convenio, o deputado Xosé Regueira e o alcalde Manuel Antelo avanzaron as posíbeis vías para a transferencia do Castelo que forma parte do patrimonio da Deputación da Coruña.

5 de novembro de 2015 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.