publicidade hoxe

A D.O. Ribeiro grava o seu anuncio para este Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadavia
A-
A+
Gravación da campaña de Nadal

Gravación da campaña de Nadal

O C.R.D.O. Ribeiro puxo en marcha a gravación do anuncio que promocionará a Denominación de Orixe e as súas adegas e viños. A iniciativa reúne a máis de 50 representantes desta D.O., coa idea de potenciar en conxunto este territorio, as súas adegas, as súas características orográficas diferenciais así como os seus viños de variedades autóctonas,  da máis alta calidade.

Adegas e colleiteiros do Ribeiro reuníronse esta mañá no Mosteiro de San Clodio, berce das variedades autóctonas desta zona, hoxe Hotel Monumento da cadea Eurostars, para gravar o anuncio do Nadal, co fío común de potenciar toda a Denominación de Orixe e felicitar estas datas.

Os elaboradores representados uníronse nunha soa toma, para festexar que a D.O. Ribeiro é forte e valente, mostrando ao mundo “Ribeiro é o mellor”!!

A campaña poderá seguirse na páxina web www.movimientoribeiro.com.

10 de novembro de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.