publicidade hoxe

Xunta, Concello de Pontedeume e Deputación reúnense para avanzar na reforma do mercado eumés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontedeume
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, reuniuse esta mañá co Concello de Pontedeume e representantes da Deputación Provincial da Coruña para buscar solucións ás dificultades materiais trasladadas por parte do Concello para executar a parte das obras de reforma do mercado prevista para ano 2015.

Vázquez Abeal trasladoulles que a Xunta manterá o seu compromiso económico, en virtude do protocolo de actuación asinado en marzo de 2015. Neste protocolo, subscrito por Concello, Xunta e Deputación, a Administración autonómica comprometíase a achegar 500.000 euros, un terzo do orzamento total, dos cales 150.000 euros se correspondían a actuacións a desenvolver neste 2015.

Co obxectivo de facilitar o desenvolvemento das actuacións, na reunión de hoxe a Xunta comprometeuse a reaxustar as súas achegas ao novo calendario de execución, que corresponde aos anos 2016 e 2017. Este reaxuste quedará plasmado no convenio que se asinará en vindeiras semanas.

No encontro celebrado hoxe en Santiago incidiuse na necesidade da reforma do mercado e na súa importancia para dinamizar a actividade comercial da vila e a xeración do emprego, así como as oportunidades de contar cun novo mercado capaz de potenciar a venda de produtos locais da comarca e incrementar o atractivo turístico da vila.

13 de outubro de 2015 | 19:41 • Sen comentarios

Comentarios pechados.