publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xove xa ten gañadores para o concurso de fotografía medioambiental

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, convocou o II Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso tivemos dúas categorías:

-Xuvenil, para menores de 18 anos.

-Adultos, que teñan 18 anos ou máis.

En canto aos premios, o Concello dispuxo tres por categoría, un primeiro de 100 €uros, un segundo de 75 €uros e un terceiro de 50 €uros. Os gañadores/as  van recibir un cheque-regalo que poderán gastar en calquer establecemento comercial ubicado dentro do término municipal de Xove.

O Xurado do Concurso estivo formado  polo fotógrafo de El Progreso-A Mariña   José María Alves  Marciel e polo fotógrafo xovense Javier Arca Uría,  actuando como Secretario  o Técnico Municipal de Cultura e Comunicación do Concello Mario Eijo Barro.  Reunido o Xurado, e despois de avaliar tódolos traballos presentados, decideu otorgar os seguintes premios:

Categoría xuvenil (menores de 18 anos):

Primeiro premio de 100 €uros:  TATIANA FRAGA FERNÁNDEZ coa obra “Atención que ven  oleaxe”. Concursante nº 15 – Rexistro nº: 3306.

Segundo premio de 75 €uros:  Deserto.

Terceiro premio de 50 €uros:  Deserto.

Categoría adultos (18 anos ou máis):

Primeiro premio de 100 €uros:  JUAN ANTONIO FERNÁNDEZ VÁZQUEZ coa obra “Contaminación lumínica”. Concursante nº 11 – Rexistro nº: 3289.

Segundo premio de 75 €uros:   ANTONIO HERRERA HUERTA coa obra “Cabo de Morás” . Concursante nº 3 – Rexistro nº: 3238.

Terceiro premio de 50 €uros:   FRANCISCO LÓPEZ LÓPEZ coa obra “Á beira da Illa de Ansarón”. Concursante nº 17 – Rexistro nº: 3327.

9 de outubro de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.