publicidade hoxe

Xornadas de envellecemento saudable no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Charla informativa

Charla informativa

Dende a concellería de Benestar Social, Igualdade e Sanidade organizouse o pasado venres16 de outubro unha reunión cos presidentes das asociacións do rural e do casco urbán. O motivo de dita reunión foi o anuncio duhas xornadas de envellecemeto saudable dirixido a persoas de tódalas idades.

A concelleira de Benestar Marina Ortega explicaba ós veciños que a proposta que se fai dende AFAOR é moi interesante para os mesmos xa que serán varios talleres divididos por partes en función da temática (hábitos alimenticios, mellora das capacidades cognitivas, saúde mental, etc).

Pola súa banda a concelleira do rural Charo González recordaba que haberá que organizar os talleres en función das demandas do rural e o casco urbán ademáis de acordar o lugar de celebración das mesmas. Os talleres se celebrarán en novembro e serán presentadas as inscripcións e horarios os vindeiros días.

19 de outubro de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.