publicidade hoxe

Xornada micolóxica en Bande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Os banduenses poderán ampliar a súa formación micolóxica nunha xornada que se levará a cabo este sábado día 24 de outubro no salón de actos do concello. A xornada comezará ás 10:30h. cunha charla orientada a que os asistentes identifiquen os fungos comestibles e tóxicos presentes na zona e a partir das 11:30h. farase unha ruta co fin de poñer en práctica o aprendido na charla. Esta xornada está impulsada polo Concello de Bande en colaboración co obradoiro de emprego “Terras de Rosendo”. 

21 de outubro de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.