publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Vedra organiza en outubro o roteiro-concurso de tapas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O concello de Vedra en colaboración cos establece­mentos de hostalería asociados á marca “Tabernas da Ulla” organiza o Roteiro – Concurso “Vedra de Ta­pas”, os días 9, 10, 11, 12, 16, 17 e 18 de outubro de 2015 co obxectivo de promover a restauración local. Cada tapa terá un prezo de venda ao público de 1,50 €. 

Tapa + albariño: Se os clientes degustan unha tapa acompañada por un viño albariño das adegas locais, o prezo de venda ao público será de 3,00 €.

ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES E TAPAS:

O CHURRASCO DE JUANITO

Fabas de Julia

Zorza da Ulla

RESTAURANTE VILLAVERDE

Croquetas de chocos na súa tinta

Callos de bacalao á galega

O CRUCEIRO

Tortipizza

Torrada de queixo de Arzúa con pulpo

BAR QUENLLAS

Polbo con cachelos

Delicias

BAR AVENIDA

Callos

Pulpo á feira con cachelos

TABERNA MOSQUEIRO

Fabada de Mosqueiro

Raxo con patacas novas

A TABERNA DO FERRADOR

Chipiróns na súa tinta con arroz

Tostas de lacón e pemento recheo

CAFÉ-BAR DERBI

Mans de Ministro

Richada

CAFÉ BAR A DORNA

Carne ao caldeiro

Callos da avoa

O FOGAR DO AVÓ

Tenrreira con salsa de champiñóns e castañas

Rubenadas

MESON ROBERTO

Bonito sobre fondo de compota de tomate

Tosta de atún con tomate

BAR BARREIRO

Cabra ao estilo de “Barcia”

E de segundo postre

CONCURSO:

Cando un cliente degus­te unha tapa presentada a concurso, o estable­cemento participante deberá selarlle a carti­lla de votación, na ca­siña correspondente ao seu establecemento.

Os clientes poden vo­tar todas as tapas ou parte delas, dándolle a puntuación que consi­deren: de 0 (mal) a 5 (excelente).

Para entrar no concurso de tapas as cartillas teñen que ter os selos de como mínimo 5 establecementos

Outorgaranse unha 1ª, 2ª e 3ª mención ás me­llores tapas.

SORTEOS E AGASALLOS:

Para entrar no sorteo dos diferentes agasallos será preciso:

Ter os datos cubertos e lexibles na cartilla de votación e depositala en calquera das urnas nos establecementos hostaleiros participantes ou na Casa do concello de Vedra.

As papeletas terán que estar depositadas o domingo 18 de outubro de 2015 ás 23:00h. como data tope para par­ticipar no sorteo e ser válidas para o reconto.

OS AGASALLOS A SORTEAR ENTRE OS CLIENTES PARTICIPANTES NO CONCURSO SON:

As cartillas con selos de como mínimo 5 establecementos participarán nos sorteos de:

-Unha cea para dúas persoas nun dos restaurantes do concello.

-Un lote de produtos locais.

-1 tarxeta regalo por valor de 50 € para gastar nalgún dos establecementos do concello. 

As cartillas con selos de como mínimo 8 establecementos participarán nos sorteos de:

-Unha “Escapada Termal” con estanza para dúas persoas con almorzo incluído, circuito termal…

-100 € 

As cartillas con selos dos 12 establecementos participantes entrarán no sorteo de:

200 €

Para os agasallos de grupo:

Considerarase grupo o formado por 5 ou máis persoas.

Realizarase un CONCURSO FOTOGRÁFICO:

A foto terá que mostrar que se está facendo a ruta “Ve­dra de Tapas”.

Haberá que enviala a casadospeons@concellodevedra.com, e pasará un filtro de valoración e se é admitida subirase ao Facebook do concello de Vedra. A foto máis votada será a gañadora, sempre e cando cumpra os requisitos esixidos para a participación.

Premio: Un lote de produtos locais.

7 de outubro de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.