publicidade hoxe

Unhas 60 persoas participaron no Roteiro das Praias deste pasado domingo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+
Participantes na andaina

Participantes na andaina

O domingo 25 de outubro a A.C. Almuinha organizou o “Roteiro das Praias”, que fora suspendido o pasado mes de setembro por mor do mal tempo. Pouco despois das 10:00h saíron as case 60 persoas que participaron da andaina desde a Alameda Rosalía de Castro de Marín, e contou coa participación do arqueólogo marinense Lukas Santiago que deu unha pequena charla na zona dos petróglifos de Mogor e na Praia do Santo sobre a illa do mesmo nome, á cal pódese acceder a pé cando a marea está baixa, mais onte non puidemos achegarnos ao estar a marea moi alta.

Foi a primeira dunha serie de andainas dentro do programa “Coñecendo o noso entorno”, unha andaina duns 9 km, de dificultade baixa e a duración foi de 3 horas.

É unha ruta de gran beleza, de gran valor cultural, paisaxístico e natural, e na que camiñaron pola práctica totalidade do litoral marinense, pasando polas praias de Portocelo, Mogor, Aguete, Loira e a do Santo.

Como lugares de especial interese destacan os petróglifos de Mogor, nos que fixemos unha pequena parada, e no final do percorrido a illa do Santo.

26 de outubro de 2015 | 13:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.